As pescadoras é unha adaptación dun conto tradicional da india que destaca polo seu poder evocador dos sentidos a través da descrición de lugares, sons, aromas... chama moito a atención a fermosa e delicada proposta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras: personaxes, obxectos e adornos elaborados con madeira, cartón, aramios ou elementos téxtiles, entre outros materiais. as protagonistas son sorprendidas por unha forte tormenta e atopan acubillo na casa dunha hospitalaria florista. alí descobren que, ante o intenso olor a flores da habitación onde esta lles ofrece repouso, prefiren descansar ulindo a redes, peixes, algas e salitre.
