Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en california: max eisenstein, xudeu estadounidense, e martin schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo the new york times book review como a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. é a perfección mesma.
